Anekdotas del saléu nes buries agües de internete.
Anekdotas de la navegación en las borrascosas aguas de internete.

29 marzo 2006

XORNALISTA, ESCRITOR E EX SUBDIRECTOR DE EL MUNDO

Javier Ortiz

Javier Ortiz: "O periodismo, tal e como fora concibido, está morto"
Baixo o título "Poder e medios de comunicación", Javier Ortiz, convidado por Inzar, falou esta semana en Compostela e na Coruña das miserias do xornalismo actual, "condicionado polas estratexias dos grandes grupos empresariais".

"O pluralismo que nos ofrecen é meramente formal", opina Ortiz, "igual que o conductor dun tren non pode escoller sair da vía e que o político-conductor só pode escoller conducir o tren con máis ou menos delicadeza: a vía decídea o poder económico. E necesariamente a democracia queda afectada". Nese sentido, Javier Ortiz considera que "o xornalismo é hoxe unha actividade adicada á expresión da ideoloxía dominante" e é moi escéptico sobre o tópico tradicional dos medios coma factor de control dos poderes. "Na súa ideoloxía profunda os grandes medios apenas se diferencian: atlantistas e pronorteamericanos; concepcións neoliberais no económico e apoio incondicional aos grandes grupos empresariais que gobernan o Estado", subliña, "cun certo nivel de abstracción El Mundo e El País apenas se diferencian".

Ortiz explica que "o periodismo non foi nunca extraordinariamente independente e agora ademais a súa relación estreita con empresas alleas ao propio xornalismo, convirte os medios en instrumentos ao servizo da propaganda de emporios empresariais". Preguntado pola posibilidade de que internet poida ofrecer un punto de inflexión para esa desacougante paisaxe da que fala, amósase escéptico: "internet ofrece moitas vantaxes, malia que non penso que de momento sexa unha alternativa real a grandes medios, aínda tendo unha capacidade de influencia social crecente, está lonxe da penetración e o poder que por exemplo, ten asumida a televisión hoxe en día".

en : vieiros.com

Publicar un comentario
 
inicio